Localización

Situada na comarca da Ulloa, é unha casa de labranza restaurada respectando a estrutura orixinal, moi típica da zona, e consistente nun conxunto de edificaciones agrupadas en torno a un patio central ou curro.

A aldea de Vilance-Balboa atópase na cabecera do río Ulla, o cal nace pola confluencia de varios arroios a pouca distancia de alí. A casa, aínda que pertence á aldea, está nun extremo desta, prácticamente illada. Desde ela contémplase o val e un camiño duns setecentos metros conduce ao río.

O núcleo urbano do concello ao que pertence a aldea, Monterroso, está a 6 km. de distancia. Ten centro médico, toda clase de tendas e servizos, así como varios restaurantes. Situado tamén xunto ao río, posúe unha zona fluvial co río represado, piscina e unha fermosa pradera arboredo.

GPS: 42º 44' 54,349231056009'' N, 7º 49' 17,220840420001'' O