Inicio

Benvido ao XASTRE DE ANOS.

Antiga casa de pedra de 100 anos de antigüidade. Construción típica da zona a base de pedra e barro. Situada na aldea de "Anos", nun entorno rural e a 10 km. da praia. 

O edificio principal consta de planta baixa e 1 piso. A planta baixa esta habilitada para prestar servizos de bar e comedor. A primeira planta ten, un salón común de reunións con TV, video, dvd, musica, xogos de mesa,etc.,  para o disfrute dos clientes aloxados na casa.

Detras do edificio principal e separado un par de metros deste, atópase unha construción de planta baixa, antigamente adicada ao almacenamento de gran, herba, etc., e vivenda de animais existentes na casa (vacas, ovellas, galiñas,etc) e que actualmente esta rehabilitada para ofrecer servizo de habitacións. Consta de 6 habitacións dobres, 5 delas con 2 camas e a restante con 1 cama de matrimonio, todas elas con baño incluído.

Detras desta segunda construción temos unha ampla zona verde con todo tipo de arboles frutales (mazás, peras, ciruelas, noces, etc), plantas e flores.