En Galicia e nas nosas rutas imos atopar grandes e magníficos bosques autóctonos chamados fragas ou
devesas. Son masas forestales dominadas polo carballo pero tamén acompañadas por outras moitas especies que xunto á fauna, conforman ecosistemas de incalculable valor.
Dise que Galicia é o país dos mil ríos. Por iso é interesante recordar que teremos como compañeiros de marcha a varios cursos fluviales: o EO , o EUME , o LOR , o NAVIA e unha infinidade de arroios que van debuxando, regando e vertebrando a paisaxe galega.
O medio natural de Galicia ten ao home como outro protagonista. Como habitante do mundo rural, soubo utilizar os materiais que a Natureza ofrecía, pedra e madeira principalmente, para crear espazos habitables que moitísimo enxeño e poucos recursos creou construcións que deron o carácter propio das aldeas galegas. Todo iso perfectamente integrado na paisaxe.

A continuación suxerimos algunhas casas de turismo rural.
Recomendámolas porque as coñecemos. Porque están en plena Natureza e preocúpanse en ofrecer un bo servizo.
- Casa da Fraga (Aldeas Artesáns de Galicia)
No interior da provincia de Lugo. Comarca da Terra Chá. Dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
A Fraga é un conxunto arquitectónico con varios espazos: casa rural, taller de artesanía de madeira e un comedor, con magníficas vistas, para comidas concertadas.
Ademais de castiñeiros, carballos e unha perfecta harmonía coa contorna.
- Casa do Morcego
Turismo de calidade na zona norte.
Situada no norte da provincia da Coruña, moi próxima a San Andrés de Teixido e á tranquila Ría de Cedeira.
Acougo, confort e a preocupación por dar un servizo esmerado.
- Longarela Casa Rural
Situada a 20Km de Lugo e próxima ao Camiño Primitivo de Santiago.
Traducido do galego Longarela significa algo así como profundo desexo.
Suxerente nome para esta acolledora casa de labranza con 70.000m2 de leira arborada.
- Rodeo da Casa
Nun recollido val do concello coruñés de Monfero, limitando con Lugo.
Con catro agradables habitacións en réxime de casa completa.
Leira pechada e con castiñeiros centenarios onde a tranquilidade e o descanso están asegurados.
- Campos de Vilance
Situada no concello de Monterroso, corazón da provincia de Lugo. Moi próxima ao río Ulla e en pleno campo.
Casa rural cuidadosamente restaurada, con xardíns, prados e un camiño que conduce ao río.
Moi apropiada para familas con nenos.
- Casa Grande de Anllo
Dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, no concello lucense de Cospeito.
É unha auténtica casa grande chairega. Edificación nobre, restaurada con celo e que ademais de amplas habitacións conta cun moi recomendable restaurante.
Contacto: Tel: 678 41 57 28 - witericus@witericus.com - Guitiriz - Lugo - Galicia