Inicio

Benvidos á CASA VILAMOR.

A mellor casa da zona de Samos nun marco incomparable. Ven a gozar da nosa contorna, das nosas festas e do mellor servizo.

Temos o pracer de comunicarlles que Casa Vilamor logrou o distintivo da "q" de calidade turística, este logro non é só do establecemento, senón de todos os nosos clientes cos cales querémolo compartir.. ¡Grazas!

Casa Vilamor é un casarón de labranza do s. XVII situada nas belas paraxes das ribeiras do Miño, en plena Ribeira Sacra, e debidamente restaurada seguindo a tipoloxía tradicional da zona.

Este belo pazo, conta con piscina e un antigo xardín poboado de numerosas especies vexetais para gozar no verán e, no inverno, cun salón con cheminea e lareira que invita a quedar lendo con algún exemplar da súa biblioteca ou a navegar un intre por internet.

Cerca do edificio, pódese visitar o seu fermoso hórreo e o pequeno museo que se creou con apeiros de labranza, pezas antigas da zona e diversos útiles.

A Casa Vilamor consta de 2 plantas:
- Na planta baixa sitúase un enorme patio interior, a través do cal se acede a todas as dependencias da casa, a través das tres escaleiras que parten dela, nesta planta tamén situaremos o comedor dotado de cheminea e a recepción, ademais duns aseos.
- Na primeira planta sitúanse as habitacións da casa, todas elas con baño, calefacción e auga quente central, tamén temos nesta planta un enorme salón con cheminea e unha ampla galería, e a antiga lareira actualmente acondicionada como sala.

Restauráronse a maioría dos mobles e enseres existentes, tales como camas, mesas, bancos, baúles,... ademais todos os elementos de nova creación son realizados do mesmo xeito e cos mesmos materiais que antiguamente, e a decoración esta baseada en elementos da zona.

Dispón de restaurante, con especialidades como o cocido, bacalao, empanadas, o polbo e unha variedade de sobremesas caseros. Todo iso acompañado dos mellores viños da Ribeira Sacra, que se atopan na variada bodega da casa.