Recursos turísticos

A zona na que se atopa ofrece moitas máis posibilidades:

Actividade deportivas:

Nauticas (vela, piragüismo, pesca no mar e no río, golf, caza, senderismo, rotas a cabalo, bicicletas, práctica de xogos tradicionais...así como a posibilidade de ter un contacto directo coa natureza (mar, río, montaña...) nunha zona privilexiada e moi ben conservada.

Actividades culturais:

Numerosas festas e actividades populares: relacionadas co mundo do cabalo (Feira de Moeche, Rapa da bestas, equinocio, con doma, saltos, carreiras...para toda a familia), con tradións celtas (Samaín, Oenach, noite de San Xoán...), romarías e festas de carácter relixioso de coñecido prestixio tanto dentro como fóra da nosa comunidade como a de San Andrés de Teixido...

Turismo histórico:

Importante patrimonio en castros, mosteiros, igrexas, castelos, fortificacións de carácter defensivo con recuperación de sucesos históricos como o "asalto" ao castelo de Moeche...

Cultura gastronómica:

Produtos inmellorables: carnes, peixes, mariscos, doces...con innumerables elaboracións típicas e festas gastronómicas por toda a comarca, como as afamadas de: O Percebe en Cedeira, A coquina en Patín, O pemento no Couto, O pan en Neda, etc.