A edificación orixinal data de principios do s. XX. e corresponde a unha tipología de arquitectura tradicional, con cociña, cortes e alpendres en planta baixa e con estancias en parte alta. Desde as súas orixes a vivenda estivo vinculada tanto a explotacións agrícolas como ganaderas propias da zona. A súa estrutura de niveis que se conservan e as súas especialidade interior son exponentes da arquitectura popular.
A parcela que rodea a casa, está formada ou repartida en terrazas de distinto nivel, o que permiten gozar da panorámica que ofrece o noso fermoso pobo.
Son múltiples os camiños de grandes losas de pedras que discorren por estes parajes e que co paso dos anos, quedaron marcados polo transcorrer das rodas dos pesados carros de vacas.
A rehabilitación da casa que hoxe é "Jallambau Rural", tiña como obxecto o atender as diversas necesidades que se orixinan nunha hospedería de turismo rural.
A formulación principal foi a de manter sempre esa arquitectura cun ambiente rústico e acogedor no seu interior, por iso utilizouse a combinación de materiais como a madeira en pavimentos e carpintería e a pedra de cachotería vista en muros interiores.
Nos espazos exteriores recupéranse os muros existentes da parcela de 2500 metros cadrados e levántase algún novo, créanse carreiros enlosados e dispóñense bancos de pedra nas zonas de mirador.
Telf. 981 82 60 83 - Móbil. 605 94 02 34
|
Lugar de Miraflores, Jallambau 51
|
15250 Muros. A Coruña
|