Integración do turismo rural na Sociedade da Información

  • 9 Xornadas informativas nas catro privincias galegas.
    Obxectivo: Informar ás casas de turismo ruarl e ás empresas de turismo activo de Galiza das vantaxes do proxecto "INTEGRACIÓN DO TURISMO RURAL NA SOCIEDADES DA INFORMACIÓN": análise personalizada, asesoramento tecnolóxico persoalizado, formación e propostas tecnolóxicas adaptadas ás necesidades de cada casa de turismo rural e empresas de turismo activo de Galiza.
  • Estudo inicial do estado das casas de turismo rual e empresas de turismo activo de Galiza na integración na Sociedade da Información
    Obxectivos: Coñecer a situación de partida a nivel tecnolóxico das casas de turismo rural e empresas de turismo activo.
  • Explicación aos empresarios das solucións que mellor se adaptan ao seu negocio.
    Obxectivo: explicarles aos empresarios as solucións tecnolóxicas que mellor se adaptan ao seu negocio co fin de resolver problemas, mellorar os resultados e cubrir as súas necesidades.
  • Formación en temáticas de interese para os participantes no proxecto de cara a mellorar e potenciar o ser negocio.
    Obxectivo: deseñaranse plans de formación baseados nunha formación práctica e de utilidade cunha dose de formación continua, que permita ás casas de turismo rual e ás empresas de turismo activo de Galiza mellorar a súa competitividade e ser parte activa da Sociedade da Información.
  • Desenvolvemento dunha Guía de Referencia de Calidade online que oreinte ás empresas de como debe ser a súa páxina web.
    Obxectivo:explicar aos empresarios as vantaxes da explotación do seu negocio na Rede e a capacidade de promoción d amesma e orientalos na estrutura e contidos da súa páxina web.
  • Realización de páxinas web para as empresas interesadas no proxecto.
    Obxectivo: conseguir que todas as casas de turismo rural e empresas de turismo activo participantes no proxecto teñan unha páxina web que axude á promoción do turismo galego en Internet e contribúa a unha maior capacidade de negocio.