Recursos turísticos

Os recursos turísticos da zona son amplos e numerosos, a continuación detallamos un listado dos máis interesantes, se quere saber máis, pode picar sobre os enlaces de información:

LUGARES DE INTERESE

  • Celanova
  • Vilanova dos Infantes
  • Ribadavia

 

PUNTOS DE INTERESE

  • Termas de Outariz
  • Parque Natural O Invernadeiro
  • Lagoa de Antela

 

FESTAS DE INTERESE

  • Entroido

VergalleiroA Aldea Rural de Couso está situada no medio do triángulo máxico do entroido, creando unha ruta única: en Laza os "Peliqueiros", en Verín os "Cigarróns", nas terras de Viana do Bolo ou en Manzaneda os "Boteiros", e no mesmo Xinzo de Limia as "Pantallas" que invaden as rúas. Todas diferentes polos seus disfraces e máscaras, nas que cada época deixa algo de si, pero que a súa orixe se perde no tempo, nas celebracións relacionadas coas festas agrarias de primavera. Sen olvidar que estamos situados no concello de Sarreaus cun caracter personal dentro do entroido co "Vergalleiro".

 

  • A Festa do Esquecemento - Xinzo de Limia

A mediados de Agosto celebrase en Xinzo de Limia a Festa do Esquecemento, que recrea o paso das lexións de Décimo Junio Bruto atravesando o río Limia (rio Lethes, coñecido como río do Olvido) e a posterior loita cos lugareños. Trátase dunha  festa onde se recrea esa época romana.

LENDA: O río Limia é coñecido como o Río do Esquecemento xa que, segundo os antigos habitantes de Xinzo, aquel que o cruzaban perdía todos os seus recordos. Cando as lexións romanas chegaron á comarca de A Limia, esta antiga crenza correu de boca en boca entre os soldados, negándose estos a cruzar o río. Armándose de valor, o centurión Décimo Junio Bruto decidiu romper ca lenda e ser o primero en cruzalo, chamando despois a cada un dos seus soldados polo seu nome para demostrar que non perdera a memoria.