Recursos turísticos

En plena Ribeira Sacra, máis concretamente no Canón do Sil, poderás disfrutar da inmensa riqueza natural, paisaxística e monumental desta zona.

En coche podes facer a ruta dos mosteiros, visitando os que elixas, pero recomendámoste non perderte estes tres: Sta. Cristina, Sto. Estevo de Ribas de Sil e S. Pedro de Rocas. Ben diferentes entre si, serán lugares inesquecibles.

 

 

E seguindo co coche rio arriba pola estrada da Ribeira, sen dúbida un dos tramos máis fermosos de Galicia, chegas en media hora a o Castro de Caldelas, co seu ben conservado castelo, e á ponte do Sil nunha das mais espectaculares paisaxes de viticultura en socalcos ou pataos.

Existen varios sendeiros de pequeño percorrido e incluso a escasos metros da casa faino o GR da “transourensán”.

O concello de Parada de Sil (ao que pertence a Reitoral de Chandrexa) conta con tres sendeiros ben sinalizados de impresionante beleza, que van dos 2 km. aos 16.

O Sil conta con dous embarcadeiros desde os que saen os catamaráns turísticos para percorrelo, o de Doade-Abeleda e o de Sto.Estevo, ambos a media hora en coche da casa.E a 3km podes alugar piraguas para adentrarte silenciosamente un pouco neste canón fluvial.