Recursos turísticos

No noso privilexiado entorno descubrirá mil e unha actividades de lecer, coma as que ofrece o Concello de Vilagarcía:

A proximidade co recinto de Fexdega é outro dos atractivos da Casa dos Cancelos. Alí celébranse cada ano importantes feiras sectoriais, como a da Camelia. E se a súa paixón é a música alternativa, nada mellor que o Festival do Norte (FdN).

Outro dos grandes atractivos da bisbarra ofréceo o seu enorme catálogo de festas gastronómicas, moi nomeadamente na tempada estival. E lembre que, a escasos metros da nosa ubicación, celébrase cada ano na segunda quincena de xullo a Festa da Ameixa de Carril, unha cita obrigatoria para os amantes do mellor marisco da ría.

Para os amantes do deporte, a escasos quilómetros da casa atópase o campo de golf de Meis, un dos mellores de Galicia.

Para máis info sobre actividades de lecer en Vilagarcía, pinche eiquí.