BREVE HISTORIA DA CASA CALVO
Benvidos a casa Calvo. Este edificio é o noso fogar dende fai douscentos anos.
Na súa restauración, quixemos que tódolos seus elementos estructurais e as distintas dependencias se mantiveran tal e como as recibimos dos nosos antergos, recordando os usos que neses tempos se lles deron.
Os datos mais antigos datan de 1807, cando o meu familiar Vicente Calvo deixaba ó seu fillo e a súa nora a casa cos seus enseres; xa nese legado dos ``patricios'' descriíase a casa orixinal que coincide fundamentalmente coa galería, cociña e comedor; posteriormente sendo neno o meu bisavó efectuouse unha remodelacón (a lareira e as habitacións de enriba) que lwvou a cabo un tío-avó seu que viñera de æmérica, o derradeiro cambio sufriumo a parte da sala e da habitación superior que se acondicionou para a voda dos meus avós por iso na súa memoria mantivemos o nome ``habitación da avoa''.
Quixeramos que o contarvos a pequena historia destas paredes tamén vós vos sentirades participes e disfrutarades do fogar que con tanto empeño e sentimento intentamos recuperar.
Nesta casa transcurriu a miña infancia, o lugar que voltamos nos nosos soños, disfrutala e facela vosa é ó menos o noso desexo