Servizos

Habitacións
_________________________________________________________________________________________________________

A casa consta de luminosas e elegantes habitacións dobres, todas elas equipadas con televisión, acceso inalámbrico a internet (wi-fi) e baños amplos e cómodos. Todas, cunha decoración diferente inspirada en motivos florais. Así temos as habitacións, Rosa, Tulipán, Margarita, Malva, Violeta, Amapola ...

As habitacións teñen dúas orientacións básicas, unhas miran cara ao Monte da Pastora, coa súa antiga capela e o seu miradoiro, e á dereita, ás ruínas de Santa Mariña. Outras, abren as súas xanelas ao noso xardín e, tras el, a magníficas vistas da ría de Arousa, a illa de Arousa e A Toxa, O Grove…

Algunhas das nosas habitacións dispoñen tamén de espazo suficiente para un berce ou cama supletoria, en función das necesidades dos nosos hóspedes

Salón
_________________________________________________________________________________________________________

O noso amplo salón dispón de televisión, unha pequena biblioteca, xogos de mesa e cómodas sillóns para gozar, só ou en compañía, do tranquilo e relaxado ambiente de Casa A Pastora.

Comedor
_________________________________________________________________________________________________________

No acolledor salón-comedor de Casa A Pastora podes tomar o almorzo, incluído no prezo da habitación e reservar cea a elección do visitante.

As ceas, compostas dun menú típico galego, no que podemos distinguir pratos como o chopo guisado ou a zamburiña á cazuela, regadas sempre co excelente albariño Igrexario de Saiar producido a partir dos nosos propios viñedos ou, se o prefiren, tinto de Barrantes, destilado na casa. Tamén terá a opción de escoller unha mariscada por encargo.

Practicamente case todos os alimentos que tomarás son produtos nosos. Os mariscos, sempre frescos, proveñen dos nosos parques de cultivo de ameixas e berberechos ou viveiros flotantes de mexillóns e vieiras. Outros, producidos na nosa propia horta como leitugas, tomates, patacas, pementos, allos, porros, etc.

Xardín

_________________________________________________________________________________________________________

Uns dos sitios favoritos dos nosos visitantes é o amplo xardín co seu bonito parque infantil, os seus limoeiros, o seu horto, onde poderán ver como se cultivan os produtos do campo, a acolledora zona recreativa para gozar comodamente dos aromas dos viñedos, matizados pola brisa que provén da ría, e o útil forno para organizar divertidas e suculentas parrilladas

Habitacións

Casa rural A Pastora

14 persoa(s)