Recursos turísticos

CAMBADOS

Falar de Casa A Pastora é falar da vila de Cambados, un pobo cheo de encanto e historia, e ao que visitar será un pracer do que non debemos privarnos.

Xusto fronte a Casa A Pastora, temos o Monte da Pastora, que dá nome á casa e cuxa cima, co seu miradoiro coroado cunha cruz, domina a vila e desde onde podemos gozar de bonitas vistas da ría de Arousa.

Ao seu lado, as ruínas de Santa Mariña, restos dun templo do Renacemento, cos seus esveltos arcos e capelas.

Ao costado esquerdo e a menos de 100 metros de Casa A Pastora está, como non podía faltar nesta privilexiada zona de viñedos, o Museo do Viño, unha agradable visita a un dos símbolos das Rias Baixas.

Descendendo cara ao centro da vila podemos gozar do Pazo de Ulloa, de fins do século XV e un pouco máis adiante atoparémonos coa igrexa parroquial de Cambados, antigo convento franciscano de trazos renacentistas e neoclásicos.

Logo, máis tarde ou máis cedo, hai que visitar a Praza de Fefiñans, co seu pazo composto de dous volumes en forma de “L” e rematados por peculiares balcóns circulares.

O Pazo de Fefiñans está unido por un arco a un pequeno parque e forma coa Igrexa de San Bieito e as súas dúas torres simétricas un singular conxunto que constitúe un dos sitios máis característicos da vila de Cambados, situado a non máis de 15 minutos de paseo a pé de Casa A Pastora.

O outro símbolo é a Torre de San Sadurniño, á que chegaremos, neste percorrido virtual, a través do Paseo Marítimo de Santo Tomé. A torre, agora en ruínas, custodiou a costa galega desde o século XIII e nos nosos días vixía o descanso dos visitantes ás pequenas praias que a rodean. Desde alí podemos gozar dunha agradable vista da illa da Toxa, co seu famoso balneario de augas termais.

Hai moitos máis sitios de interese en Cambados que estes que mencionamos. Desde Casa A Pastora convidámosche a descubrilos. 

LUGARES DE INTERESE

  • O Grove[http://www.turismogrove.co] Praias como as de Raeiros ou As Pipas, as famosas augas termais do balneario da Toxa e os seus exquisitos e recoñecidos mariscos, celebrados especialmente nas Festas do Marisco e as Xornadas da Centola, fan do Grove, a só 28 quilómetros de Casa A Pastora, un dos sitios turísticos máis coñecidos de Galicia. Dende O Grove podemos tamén, disfrutar de excursións en barco pola ría, para observar os fondos mariños e as bateas de cultivo dos distintos mariscos.
  • Cambados[http://www.cambados.es] Concello de Cambados
  • A Toxa[http://www.galinor.es/isladelatoja] A menos de 30 quilómetros de Casa A Pastora está a bela illa da Toxa, que acolle ao famoso balneario de augas termais de recoñecido prestixio no campo da saúde. A Toxa conta tamén con variadas ofertas de lecer que van desde o seu elegante casino á máis activa proposta do golf, o tenis, o tiro con arco, ou máis repousadas actividades como as súas atractivas excursións marítimas.
  • Illas Cíes[http://hoxe.vigo.org/conecenos/cies.php?lang=ca] As Illas dos Deuses, como acertadamente as chamaron os antigos romanos, son un verdadeiro paraíso, situado apenas a 55 km de Casa A Pastora. Refuxio de todo tipo de aves e outras espacies animais, as Illas Cíes ofrecen aos seus visitantes fermosos contornas naturais e serenas praias. As illas son tres: Monte Agudo, O Faro e San Martiño. As dúas primeiras están unidas polas longas areas da praia de Rodas.
  • Santiago de Compostela[http://www.santiagoturismo.co] Pouco novo se pode dicir de Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade e coñecida mundialmente pola súa Catedral, punto final de destino de miles e miles de peregrinos. Cita ineludible coa historia a só 65 quilómetros de Casa A Pastora.
  • Pontevedra[http://www.turismoenpontevedra.com] Aproximadamente a 26 quilómetros de Casa A Pastora, atópase Pontevedra, capital da provincia, unha cidade encantadora situada no centro das Rías Baixas, xunto á desembocadura do río Lérez, que a circunda para formar despois a bonita Ría de Pontevedra. Cidade histórica, famosa polas súas pontes como o do Burgo ou o Ponche Sampaio, o seu centro histórico é unha visita que non debe deixar de facer.
  • Arrepions[http://www.arrepions.com] Desportes e aventura: rafting, sendeirismo, kayak
  • Desafío Lecer[http://www.desafiocio.com] Actividades deportivas en entornos naturais: escaladas, excursións, tiro.
  • Guimatur[http://www.guimatur.org/main.asp] Visitas guiadas polos bancos marisqueiros de Cambados para coñecer a súa cultura mariñeira.
  • Acquavela[http://www.acquavela.com] Actividades de turismo náutico na costa galega.
  • Bahia-Sub[http://www.bahia-sub.com] Escola de mergullo no Grove.
  • Real Club Náutico de Sanxenxo[http://www.rcnsanxenxo.com] 
  • Campo de Golf Meis[http://www.campodegolfmeis.com/es/default.as] Excelente campo de golf, situado en Meis, a menos de 15 quilómetros de Casa A Pastora.
  • A Toxa Golf [http://www.latojagolf.com]
  • Naviera Mar de Ons [http://www.mardeons.com] Para coñecer horarios e características dos barcos que te levarán ás Illas Cíes.