CAMIÑO INGLÉS
Este camiño de peregrinación a Santiago de Compostela pasa mesmo pegadiño á casa rural Antón Veiras, estamos na penúltima etapa do mesmo.
O Camiño Inglés facíano os peregrinos que chegaban a Galicia por mar dende os portos Bálticos, Paises Escandinavos, Paises Baixos, Flandes, norte de Francia e sobre todo ingleses e irlandeses. Dende os portos de Ferrol ou de A Coruña comezaban a súa andaina a pé ata Santiago.
Organizanse rutas a cabalo.
ENCORO DE VILLAGUDÍN
O conxunto fluvial formado polo encoro e os ríos Pontepedra e Lengüelle fan deste lugar un entorno privilixiado para os amantes da natureza e da pesca.
O encoro é a primeira concesión de pesca turistica autorizada pola Xunta de Galicia. O aficionado, previo pago dunha cuota de entrada, pode aceder á pesca de troita e salmón con calquera modalidade e tipo de cebo. Esta situado a 13 km da casa rural Antón Veiras.
DOLMEN DE CABALEIROS
É un dos monumentos magalíticos galegos mellor conservados, data do 3º milenio a.c. e é popularmente coñecido como Casa da Moura. Esta situado a 17 km. da casa rural Antón Veiras.
SENDEIRISMO
Concello de Ordes:
-Roteiro do río Mercurín, sendeiro circular de aproximadamente 15 km (4h 30 min.) e cunha dificultade media. Esta situado a 2 km da casa rural Antón Veiras.
Concello de Frades:
Roteiro pola beira do río Tambre, une a área recreativa de Aiazo, a presa da Pontecarreira e Ponte de Brates.
Concello de Cerceda:
-Polas beiras do río Lengüelle
-De Cerceda ao "Alto da Cerdeira"
-Un paseo polo Monte Xalo.
AQUAPARK
A 10 km da casa rural Antón Veiras, é un parque acuático que conta con multitude de trampolíns, piscina de auga quente, jacuzzi, géiser, tobogáns... Aberto a partir do 7 de xuño de 12 a 20 horas.
KARTING INDOOR ORDES
A 2 km da casa rural Antón Veiras, ofrece dende mangas individuais ata campionatos para grupos. Poden disfrutar de karts infantís, convencionais, de competición e Karts biplaza.
OUTROS LUGARES:
A 20 minutos da casa rural Antón Veiras, podes visitar:
-Santiago de Compostela

-A Coruña

-Praias de Miño, Sada, Gandario, Bastiagueiro, Razo, Balcobo,...

A 60 minutos da casa rural Antón Veiras podes visitar:
-Sanxenxo

-A Toxa

-O Grove
-Pontevedra

-Lugo
-Ourense
-Costa da Morte
