Localización

A Casa Antón Veiras pertence a parroquia de Poulo no Concello de Ordes, pódese acceder a través da estrada N-550 que une Santiago de Compostela e A Coruña, tomar en Ordes o desvío a AC-524 ( estrada que une Ordes e a AP9) ata a aldea do Outeiro, onde se ubica a nosa casa.

Outra forma sinxela de aceder a casa Antón Veiras e pola autoestrada AP9-E1, tomar a saída 41 de Ordes, xirar a esquerda e a 2 km xa se atopa a nosa casa.

GPS: 43º 4' 2,57845327961'' N, 8º 22' 47,3583984375'' O