Recursos turísticos

Se non lle abonda con ríos e fontes de augas limpas; con fragas de carballos, castiñeiros, acivros, freixos, buxos...; con troitas, corzos, delunciñas, raposos, esquivos; con buxatos, bubelas, petos, merlos, pardais, pegas rebordas; ou co silencio e a compaña tenra do vento...

...saiba que dende a nosa casa poderá achegarse comodamente (grazas a estratéxica situación xeográfica de A Fraga) a lugares imprescindíbeis desta parte de Galicia.

Aquí poderá atopar algo mais que unha morea de actividades e servizos con nome propio, son persoas que ofrecen un trato cércano e persoal namentres lle axudan a coñecelos segredos desta comarca:

-Goce camiñando, descubra e comparta a paisaxe, e a paisanaxe, con Helena.

-Coñeza as bondades do contacto coa terra, co aire libre e co autentico mundo rural nunha granxa escola con Iolanda e Eduardo.

-Achéguese a sensibilidade dun deseño actual nacido do sentimento sinxelo da nosa terra no obradoiro de deseño de Pili.

 -Santiago de Compostela: centro de peregrinación coñecido en todo o mundo e Cidade Monumental Patrimonio da Humanidade.

-Lugo: Cidade bi-milenaria rodeada por unha Muralla Romana Patrimonio de la Humanidade.

-A Coruña: fermosa cidade aberta al mar onde se atopa a Torre de Hércules, único faro de orixe romano activo en todo o mundo)

-Parque Natural Fragas do Eume: ecosistema único en Europa conformado por un bosque atlántico agromado das  profundas ribeiras do río Eume; e un espazo protexido pero visitabel.

-Santo André de Teixido: santuario mítico da tradición relixiosa galega en un lugar privilexiado fronte a dureza do mar.

-Punta Herbeira: os cantís máis altos del norte de Europa e preto do Cabo Ortegal (punto de unión do Mar Cantábrico e Océano Atlántico) que dende o punto de vista xeolóxico é un dos catro lugares cas rochas máis antigas do planeta.

-Praia das Catedrais, no norte de la provincia de Lugo, onde el mar labrou na pedra uns contrafortes senlleiros parellos os dalgunha catedral.

-Betanzos: cidade medieval que foi capital del antergo Reino de Galicia ateigada de historia e monumentos.

-Mondoñedo: pequena vila sede do bispado onde destaca o conxunto de Catedral, Praza e Museo. 

-Viveiro: concello situado en la mariña lucense que conserva un fermoso casco histórico e restos da súa muralla defensiva.