Inicio

        A FRAGA é unha confortáble e auténtica casa de turismo rural no interior de Lugo, Galicia (inscrita no Rexistro Turístico TR.LU-87)

        Este ano Xacobeo, en atención a morea de peregrinos do Camiño de Santiago, ofrecemos unha oferta que responde as necesidades básicas do camiñante e componse basicamente: cea, aloxamento, almorzo, picnic, lavado-secado de roupa, acceso a correo web, contemplación privilexiada da Vía Láctea e flor de madeira como lembranza. Consulte as características completas premendo aquí.

        Un paraíso incluído dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño e preto do Parque Natural Fragas do Eume, onde poderá relaxarse nun ambiente silencioso e calmo.
        Axudámoslle a planificalas súas visitas : descubra a sociedeade, a etnografía, arquitectura, festas, paisaxe, fauna, flora e gastronomía (probe as nosas comidas caseiras).
        Propómoslle actividades propias: paquetes turísticos deseñados a súa medida para axudarle a coñecer esta terra, e cursos de artesanía en madeira para tódolos niveis impartidos por artesáns de prestixio nun obradoiro perfectamente equipado (inscrito no Rexistro Xeneral de Artesanía de Galicia con nº 248).
        Agradécemola  súa estancia na casa con descontos nos prezos, que diminuirán segundo os días que reserve: cantos máis días menos custo; consúltenos.


ALDEAS ARTESÁNS DE GALICIA, TURISMO RURAL E ARTESANÍA; S.L.
Lugar de A Fraga, Cazás – 27.824  Xermade (Lugo)

www.casadafraga.com    Tel./Fax: 34+982188322    info@casadafraga.com