A Casa dispón de seis habitacións dobres, dúas con cama de matrimonio e co seu baño propio e catro xemelgas. Asimesmo, a casa ten outros dous cuartos de baño a maiores.
A Casa tamén posúe un amplo salón-comedor separado en dous ambientes onde o rincón máis destacado é a impoñente cheminea de pedra tallada a man. O salón está equipado cunha televisión de 20.
A cociña, tamén moi ampla, está equipada con todos os electrodomésticos (neveira, cociña, lavavaixelas ) e unha completa mesa para seis persoas. A lavadora e plancha atópanse nunha pequena despensa debaixo das escaleiras.
A Casa dispón de auga corrente e caldeira propia con calefacción en todos os cuartos.
A Casa cun xardín propio de aproximadamente 800 metros cuadrados, presidido por un conxunto de mesa e bancos de pedra tallados a man, xunto cunha pequena lareira para barbacoas. Asemade, no exterior da Casa tamén hai un tendedoiro para a roupa e unha zona de aparcadoiro para os coches. O xardín está rodeado de árbores frutais e outras especies autóctonas.